miércoles, 20 de mayo de 2015

Tempos de lembranza






Emilio Rodríguez naceu no 1942, na Louseira (Monfero). Nunha casa de xente numerosa (avós,pais,fillos..).

 Emilio  sempre quixo empezar a traballar , gañar o seu propio diñeiro. Empezou tendo traballos normales daqueles tempos, incluso traballou de camareiro.

Pasou o tempo e Emilio embarcouse para poder axudar á súa irmá Fina económicamente e así coñecer algo novo. O que nun principio era un traballo duns meses, algo temporal, acabou sendo unha forma de vivir para Emilio. Entre os países nos que estivo atópanse Holanda, Francia e Italia.

Tras deixa-la vida de navegante, Emilio decidiu comprar un taxi, un impecable DODGE Dart Negro,un verdadeiro coche emblemático dos anos 70,máis unha plaza de taxi na parada de taxis na que era a Praza de España, en Ferrol. Seu irmán Gonzalo tamén tiña unha plaza alí.

A Emilio máis a Gonzalo lle iban ben as cousas como taxistas, aínda que non entre eles, tiveron algún que outro percance no seu traballo, que é digno de rememorar pero non neste momento.

Vou intentar explicar unha anécdota do propio Emilio:

Cando Emilio máis o seu irmán Gonzalo e os demáis taxistas estaban a traballar na Praza de España, un novo microbus que facía rutas ao parecer a un precio tan baixo que nin os taxistas podian permitirse ofrecer aos clientes, pasaba por dianta da parada. Cando os homes da Praza de España percatáronse non o pensaron duas veces... Foron correndo cara o bus e plantáronlle lume en pleno centro de Ferrol.

Esta claro que eran outros tempos e non o podemos comparar co día de hoxe, pero eu sego disfrutando con este tipo de anécdotas cada vez que lle fago unha visita a Emilio, e por suposto sempre marcho votando unha gargallada !

foto da antiga praza de España e a parada de taxis ode traballaba Emilio Rodríguez:
  http://pictures2.todocoleccion.net/tc/2009/10/04/15219152.jpg


No hay comentarios:

Publicar un comentario