jueves, 21 de mayo de 2015

Lingua estancada


 





As ipótesis que se fan sobre o Galego indican que a este paso chegará un punto no que se extinguirá, e non será dentro de moito tempo, non.
Pero e se sucedera xusto o contrario,e só se falaran as linguas propias de cada comunidade autónoma?

Ao falarse só as linguas de cada comunidade estariase a impedir a correcta adaptacion dunha persoa Galega por exemplo en Cataluña, e iso sería bastante precario entre xentes dun mesmo país.
Sería algo ridículo que ao saír da comunidade "autóctona" tiveras posibilidades reducidas de oportunidades só por falar única e exclusivamente a tua lingua nativa.

Nun futuro non moi lonxe, fomentaráse a discriminación entre xentes de comunidades diferentes,  e incapacitaria á xente nova para conseguir un traballo fora da súa rexión ou mesmo no extranxeiro.
Tamén provocará que a xente permanezca mais tempo ou toda a sua vida laborable na mesma rexión impedindo a búsqueda de oportunidades de traballo nun mesmo país.








miércoles, 20 de mayo de 2015

H2O : Por cada átomo de Osíxeno hay 2 de Hidróxeno, pensa...

 

Cando abrimos un grifo ou unha  chave de auga, e mentres facemos calquera outra cousa, como cando nos estamos a cepilar os dentes por exemplo, sentimos como se a auga que saira por ese grifo nunca se fora a esgotar e é certo que terias mala sorte se te chega a ocorrer porque hoxe podemos dicir que non nos falta de nada ou non? Pero que pasaría se no futuro non tivésemos ese excedente de auga?

É unha realidade que hoxe en dia hay persoas que necesitan auga doce, véase as xentes famentas do continente Africano quenes morrerían por ter un grifo incesante de auga coma nós. Pero en xeral na actualidade non temos falta de auga, polo menos nos países "desarrollados".

O que planteo hoxe é que o día de mañá, (nun futuro próximo) poderíamos non ter esa sorte, e que por desastres meteorolóxicos ou mesmo xeográficos a humanidade pase dun excedente de auga a ter que pagar por ela ou buscarse a vida entre os demáis para conseguila de tal forma que pareza unha carreira armamentística entre Estados Unidos e China en plena Guerra Fría.

A auga a tería a xente con máis recursos da poboación, feito que acarrearía problemas, discusións e conflitos pola mesma.

E cando se esgotaran as reservas de auga que? Sería o fin do ser humano, ou conseguiriamos sobrevivir a base doutros fluidos?
Son preguntas que espero que ninguén poida responder ao non chegar nunca a esa situación da humanidade, pero é un futuro factible e utópico, o cal non é imposible de alcanzar.

Susto nas brumas da noite

"Vouvos amosar unha historia que lle pasou a Ramón Sandá Mahía (meu avó) fai case dúas décadas, é un historia que sempre lembrou na casa".

Ramón vivía en Villamateo, un pobo a 10km de Miño, coa súa muller María e máis a sua filla Marisol. Ramón acostumaba ir aos montes a cortar leña cando facía falta, ben fora para darlle lume a cociña de leña en inverno ou para unha brasa, e algunhas veces se lle facía de noite á hora de volver a casa.

Un dia , Ramón foi ós montes para cortar algúns troncos que traer a casa e fíxoselle de noite polo camiño.
Cando estaba xa cerca da súa casa, sentiu  un berrido que viña dende a oscuridade do monte.
Ramón non parou e continuou polo  camiño que daba a súa casa. Despois de dar uns poucos pasos viu no medio das sombras e as árbores, un destello de luz que parecía vir dun candil. Ramón non podia crer o que estaba a pasar, xa que non era normal que alguén andara polo monte a esas horas..
Cando Ramón chegou a casa, explicou a sua muller que parecía como se algo branco estivera a leva-la luz polo medio do monte. Ramón nunca quixo decir que él pensara que fora a Santa Compaña, xa que él dicía que a mente puido xogarlle a él unha mala pasada e ser un simple reflexo de algo ou algunha luz de lonxe, pero Ramón dixo todo o viu cos seus propios ollos.

Tempos de lembranza






Emilio Rodríguez naceu no 1942, na Louseira (Monfero). Nunha casa de xente numerosa (avós,pais,fillos..).

 Emilio  sempre quixo empezar a traballar , gañar o seu propio diñeiro. Empezou tendo traballos normales daqueles tempos, incluso traballou de camareiro.

Pasou o tempo e Emilio embarcouse para poder axudar á súa irmá Fina económicamente e así coñecer algo novo. O que nun principio era un traballo duns meses, algo temporal, acabou sendo unha forma de vivir para Emilio. Entre os países nos que estivo atópanse Holanda, Francia e Italia.

Tras deixa-la vida de navegante, Emilio decidiu comprar un taxi, un impecable DODGE Dart Negro,un verdadeiro coche emblemático dos anos 70,máis unha plaza de taxi na parada de taxis na que era a Praza de España, en Ferrol. Seu irmán Gonzalo tamén tiña unha plaza alí.

A Emilio máis a Gonzalo lle iban ben as cousas como taxistas, aínda que non entre eles, tiveron algún que outro percance no seu traballo, que é digno de rememorar pero non neste momento.

Vou intentar explicar unha anécdota do propio Emilio:

Cando Emilio máis o seu irmán Gonzalo e os demáis taxistas estaban a traballar na Praza de España, un novo microbus que facía rutas ao parecer a un precio tan baixo que nin os taxistas podian permitirse ofrecer aos clientes, pasaba por dianta da parada. Cando os homes da Praza de España percatáronse non o pensaron duas veces... Foron correndo cara o bus e plantáronlle lume en pleno centro de Ferrol.

Esta claro que eran outros tempos e non o podemos comparar co día de hoxe, pero eu sego disfrutando con este tipo de anécdotas cada vez que lle fago unha visita a Emilio, e por suposto sempre marcho votando unha gargallada !

foto da antiga praza de España e a parada de taxis ode traballaba Emilio Rodríguez:
  http://pictures2.todocoleccion.net/tc/2009/10/04/15219152.jpg


Persoas Informatizadas ou Cibernetizadas?

"Deixa o movil na mesa"
"Atende cando che falo, deixa o movil"
"Tes cargador meu?"
...

Son expresións que atopamos na nosa vida diaria a todas horas, non sempre foi así e aínda  algúns maiores rezagados opóñense á nova Era, a era dos teléfonos móviles a era das re-telecomunicacións.
Dende fai un tempo cara aqui os teléfonos moviles foron abrindose camiño nas nosas vidas ata chegar a ser en moitos casos imprescindibles.
Ao avance dos teléfonos hai que añadir que agora quen ten un teléfono móvil ten un ordenador pequeno e que pode axudarche a facer tarefas ou funcións de calquer tipo, e isto provoca en moitos casos unha seria dependencia.

 Nun futuro próximo a xente estando ao lado nin sequera se mirará, levarán a cabo conversacións por medio de aplicacións como o actual "whatsup", non haberá nin un calendario nin calculadora nas vivendas ya que estando en todo momento cos aparatos de telefonia poderán  facerse todo tipo de contas nun abrir e cerrar de ollos e un mesmo non se terá que preocupar nin en que día vive xa que llo poderá repetir o seu movil coa voz que queira as veces que queira, e por suposto onde queira.

En resumidas contas, será un futuro semellante a actualidade pero moito máis informatizado( SI, ainda máis), e onde se perderán costumes como as que nunca se deberian perder como pode ser falar na mesa en familia, ou simplemente mirar á tua moza ou ao teu mozo cando estades sentados xuntos.

Ciclo-Rexurdimento

"É unha realidade que dende fai uns anos o mundo está máis que informado do calentamento global e que é por suposto unha realidade en continuo avance"

No futuro próximo cara o ano 2025, podería suceder que os concellos aprobaran leis conforme se prohibe o uso de coches particulares no casco urbán para así reducir considerablemente as emisións contaminantes dos coches (CO2) cara a atmosfera e capa de ozono.
Estando en regra esta lei, a meirande parte da xente que non quera ir no tan aforado trasporte público optara pola  fiel  bicicleta.
A bicicleta terá de novo un gran éxito como medio de transporte, sobre todo entre os xóvenes e a xente de mediana idade. Tal éxito é ben merecido, xa que é un medio de transporte totalmente limpo e non contaminante, rápido e áxil para as zonas urbáns e aínda por riba é saudable para a nosa saúde xa que se exercitan articulacións e faise deporte, cousa que se se andivese en bici a diario por moi pouca distancia que se percorrese estariase a axuda-lo corpo e contribuindo ao perfeco estado de bienestar cara a nosa persoa.

Desta maneira se estaria axudando ao medio ambiente , se axudaría a non esgotar tan cedo as reservas de gasolina e derivados do noso planeta e  fomentaríase o transporte púlico.



Bos Aires, terra de oportunidades ou?



Manolo García Castro, irmao de María García Castro,a miña avoa materna, presentouse aos exames de acceso a Astano como mestre operario fai agora uns 70 anos que se di pronto.

Manolo estudara moito para ese posto, e saíu 2º da súa promoción, pero este non veu correcto o resultado xa que el cría que lle saíra "de pinga", e pensou que puido ser algun acto de cacicadas entre alguén de dentro para enchufar algún familiar ou persoa de confianza...
Enfadouse moito e decidiu non querer volver saber nada sobre Astano a pesar de que o seu irmao Andrés traballaba alí .
Manolo enfadouse moito co resultado e dixo na casa que non quería seguir estudando para iso, que quería marchar. Grazas a un familiar dos de Primoi (nome dos da parte da familia esa) conseguíronlle un traballo nunha imprenta en Bos Aires.

Manolo dende que chegou a Bos Aires púxose a traballar na imprenta, ao mesmo tempo pouco a pouco ía afianzándose no lugar, deixando crecer a suás raíces amarrándose con forza no solo arxentino.
Manolo queda a vivir en Bos Aires e crea a súa familia casando con Nélida uha rapaza de Bos Aires.
Despois de casar teñen dous fillos a miña prima Mirian e máis o seu irmao Coti.

Manolo traballou toda a sua vida na imprenta, dende que chegou ata o momento da súa morte.

Por sorte eu mesmo podo dicir que tiven contacto con Mirian e con Coti en persoa, xa que viñeron fai unha morea de anos facernos unha visita, e vou citar unha anécdota que saíu con estas mesmas palabras da boca de Mirian:

-"Cando nos éramos pequenos ( Coti e máis Mirian) os nenos do noso barrio en Bos Aires facían bromas ou burlas de nós porque na miña casa meu pai Manolo cada ano facía a matanza do porco, e ninguén de ali vira algunha vez cousa semellante ou simplemente na sua casa non era correcto matalo porco"

Mirian fora de decilo amargada ou soamente enfurruñada ou gardandolles rencor a eses nenos , o dixo cun sorriso na cara deslumbrante, coma se ela entendera esas burlas de forma diferenciadora pero non discriminante nin nada polo estilo.

"Aqui algunhas fotos de Manolo a partires de chegar a Bos Ires"
- Manolo coa sua muller Nélida e fillos Mirian e Coti


-Fotos de Mirian e Coti :