miércoles, 20 de mayo de 2015

Bos Aires, terra de oportunidades ou?



Manolo García Castro, irmao de María García Castro,a miña avoa materna, presentouse aos exames de acceso a Astano como mestre operario fai agora uns 70 anos que se di pronto.

Manolo estudara moito para ese posto, e saíu 2º da súa promoción, pero este non veu correcto o resultado xa que el cría que lle saíra "de pinga", e pensou que puido ser algun acto de cacicadas entre alguén de dentro para enchufar algún familiar ou persoa de confianza...
Enfadouse moito e decidiu non querer volver saber nada sobre Astano a pesar de que o seu irmao Andrés traballaba alí .
Manolo enfadouse moito co resultado e dixo na casa que non quería seguir estudando para iso, que quería marchar. Grazas a un familiar dos de Primoi (nome dos da parte da familia esa) conseguíronlle un traballo nunha imprenta en Bos Aires.

Manolo dende que chegou a Bos Aires púxose a traballar na imprenta, ao mesmo tempo pouco a pouco ía afianzándose no lugar, deixando crecer a suás raíces amarrándose con forza no solo arxentino.
Manolo queda a vivir en Bos Aires e crea a súa familia casando con Nélida uha rapaza de Bos Aires.
Despois de casar teñen dous fillos a miña prima Mirian e máis o seu irmao Coti.

Manolo traballou toda a sua vida na imprenta, dende que chegou ata o momento da súa morte.

Por sorte eu mesmo podo dicir que tiven contacto con Mirian e con Coti en persoa, xa que viñeron fai unha morea de anos facernos unha visita, e vou citar unha anécdota que saíu con estas mesmas palabras da boca de Mirian:

-"Cando nos éramos pequenos ( Coti e máis Mirian) os nenos do noso barrio en Bos Aires facían bromas ou burlas de nós porque na miña casa meu pai Manolo cada ano facía a matanza do porco, e ninguén de ali vira algunha vez cousa semellante ou simplemente na sua casa non era correcto matalo porco"

Mirian fora de decilo amargada ou soamente enfurruñada ou gardandolles rencor a eses nenos , o dixo cun sorriso na cara deslumbrante, coma se ela entendera esas burlas de forma diferenciadora pero non discriminante nin nada polo estilo.

"Aqui algunhas fotos de Manolo a partires de chegar a Bos Ires"
- Manolo coa sua muller Nélida e fillos Mirian e Coti


-Fotos de Mirian e Coti :








No hay comentarios:

Publicar un comentario