miércoles, 20 de mayo de 2015

Ciclo-Rexurdimento

"É unha realidade que dende fai uns anos o mundo está máis que informado do calentamento global e que é por suposto unha realidade en continuo avance"

No futuro próximo cara o ano 2025, podería suceder que os concellos aprobaran leis conforme se prohibe o uso de coches particulares no casco urbán para así reducir considerablemente as emisións contaminantes dos coches (CO2) cara a atmosfera e capa de ozono.
Estando en regra esta lei, a meirande parte da xente que non quera ir no tan aforado trasporte público optara pola  fiel  bicicleta.
A bicicleta terá de novo un gran éxito como medio de transporte, sobre todo entre os xóvenes e a xente de mediana idade. Tal éxito é ben merecido, xa que é un medio de transporte totalmente limpo e non contaminante, rápido e áxil para as zonas urbáns e aínda por riba é saudable para a nosa saúde xa que se exercitan articulacións e faise deporte, cousa que se se andivese en bici a diario por moi pouca distancia que se percorrese estariase a axuda-lo corpo e contribuindo ao perfeco estado de bienestar cara a nosa persoa.

Desta maneira se estaria axudando ao medio ambiente , se axudaría a non esgotar tan cedo as reservas de gasolina e derivados do noso planeta e  fomentaríase o transporte púlico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario