domingo, 18 de enero de 2015

Un novo punto de vista


O galego César Canedo creou recentemente unha rede social para pymes (Pequenas e Medianas Empresas) e autónomos chamada Vigiliam.
 Hoxe en día non fai falta dicir a importancia das redes sociales na nosa vida diaria, pero hai xente como César que non só ve unha fonte de entretenimiento nestas redes, senon que tamén ve un negocio.
Canedo explica que se invertiron máis de 200 000€ neste proxecto e xa son 8000 persoas as que o utilizan e se prevee chegar aos 30 000.
A base de Vigiliam é poñer en contacto compradores e vendedores por medio dunha forma totalmente gratuita e eficaz afirma César e os demáis integrantes do proxecto. A longo prazo preveese que Vigiliam expanda ata outros continentes con esperados beneficios.

César Canedo
 PÁXINA WEB: www.vigiliam.com

" O de Fene " chamábanlle.

Jesús Balado Paz naceu en Fene en 1947. E recibiu clases do coñecido pintor ferrolano Carlos Villaamil.
Jesús atopou algo de interese na pintura dende que era novo. Actualmente é un pintor que domina diferentes
e complexas formas da pintura ( óleo, ceras...). Conseguiu destacados premios no seu ámbito profesional.
 Realizou a súa primeira exposición con 17 anos, seguro de sí mesmo Jesús decidiu continuar coa pintura ata tal punto que chegou a dar exposicións en Francia, Venezuela e Italia entre os lugares máis destacados.
Jesús Balado Paz dedícase a expoñer e impartir clases de dibuxo actualmente. Destacan as súas pinturas de paisaxes, aínda que tamén os seus retratos son moi importantes, Jesús leva a cabo as súas pinturas o entorno rural, un dato importante a ter en conta.

 

Luz da Terra Galega

Unha persoa forte, recoñecida internacionalmente, e con infinidade de distincións. Estas palabras describen moi ben a Luz Casal.
Luz, é a día de hoxe unha impotante cantante dentro e fora do noso país, cunha morea de fans e seguidores por todo o mundo.
Luz é de orixe galego, naceu en Boimorto, na Coruña. Dende nena estudou  piano, solfeo, ballet,etc..
Sempre sintiu unha atracción pola música o que a levou a formar un pequeno grupo cuns coñecidos. Luz sempre sintia curiosidade polo canto individual, e estudou técnicas como solista.
A sua entrada no mundo profesional foi grazas a unha maqueta que grabou e buscou algunha discográfica que a quixera publicar. Tras publicala ofrécenlle traballo participando en coros doutros artistas.
 Luz comeza neste momento a grabar temas propios e comeza a expandirse a súa voz, ata lugares contiguos do océano atlántico e demáis. Luz ten ás súas espaldas unha importante e complicada carreira musical ( aínda que tamén probou teatro), ademáis desafortunadamente de problemas persoais, xa que padeceu cancro, e conseguiu superalo exitosamente.
Luz destaca sobre outros artistas, xa que na súa obra profesional é realmente orixinal. Unha proba son as súas cancións co seu distintivo ritmo. Fixo homenaxes célebres, entre os que destaca o homenaxe ao cantante reggae Bob Marley.

http://www.elconfidencial.com/fotos/cultura/2007012620luzdentro.jpg Luz na súa orixe como cantante

Luz Casal na súa etapa máis madura.Luz, despois da súa loita contra o cancro
Un dos famosos temas de luz, VÓTALLE UNHA OLLADA!

Dende Lugo con amor

Dende fai tempo non é raro escoitar o nome de Luis Tosar nas cadeas de televisión máis importantes ou mesmo nos estreos de carteleira. Pois ben Luis naceu en Lugo a comezos dos setenta e xa dende mozo interesouse polo cine, asi é que un dos primeiros papeis que lle levaria á gran pantalla fose "Mareas Vivas", programa emitido na televisión de galicia. Luis foi collendo pouco a pouco presenza entre grandes personaxes nacionais e sendo recoñecido entre as xentes.
Entre os títulos máis impotantes que recibiu destacan os Premios Goya ao mellor actor, mellor actor de reparto e unha Concha de Plata. Luis foi representante de España en algunhas ocasións de carácter internacional.
Fóra do ámbito cinematográfico Luis foi galardonado con títulos prestixiosos como o " Premio Xarmienta", pola súa defensa da Lingua Galega.
Tamén nótase un interese cara a política xa que defendeu ao BNG en algunhas ocasións formando parte do partido nas listas, tamén forma xunto con outras dúas persoas un grupo de Rock e un grupo de teatro-comedia.
 Luis Tosar é un gran actor, tanto a nivel nacional coma internacional. E demostrou ser unha persoa de recursos por chegar a un nivel de reconocimiento tan alto tanto á súa persoa como ó seu traballo.