miércoles, 20 de mayo de 2015

Susto nas brumas da noite

"Vouvos amosar unha historia que lle pasou a Ramón Sandá Mahía (meu avó) fai case dúas décadas, é un historia que sempre lembrou na casa".

Ramón vivía en Villamateo, un pobo a 10km de Miño, coa súa muller María e máis a sua filla Marisol. Ramón acostumaba ir aos montes a cortar leña cando facía falta, ben fora para darlle lume a cociña de leña en inverno ou para unha brasa, e algunhas veces se lle facía de noite á hora de volver a casa.

Un dia , Ramón foi ós montes para cortar algúns troncos que traer a casa e fíxoselle de noite polo camiño.
Cando estaba xa cerca da súa casa, sentiu  un berrido que viña dende a oscuridade do monte.
Ramón non parou e continuou polo  camiño que daba a súa casa. Despois de dar uns poucos pasos viu no medio das sombras e as árbores, un destello de luz que parecía vir dun candil. Ramón non podia crer o que estaba a pasar, xa que non era normal que alguén andara polo monte a esas horas..
Cando Ramón chegou a casa, explicou a sua muller que parecía como se algo branco estivera a leva-la luz polo medio do monte. Ramón nunca quixo decir que él pensara que fora a Santa Compaña, xa que él dicía que a mente puido xogarlle a él unha mala pasada e ser un simple reflexo de algo ou algunha luz de lonxe, pero Ramón dixo todo o viu cos seus propios ollos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario