miércoles, 20 de mayo de 2015

O Tren do Amor

O tren do amor é a miña denomizacion cariñosa para o tren no que coincidiron Ramón Sandá e María García (alias Moncho e Maruja respectivamente) fai uns 54 anos a día de hoxe.

Un día calquera  como hoxe no 1961 tivo lugar un encontro por casualidade de Ramón e María.
Ramón viña cara ferrol nun tren dende Vilasantar, lugar de onde era propio e María dende Miño onde viña de visitar a súa nai máis o seu irmán e que ía cara Ferrol porque ela vivía aqui no barrio do Ensanche A cunha irmá e o cuñado.
María ía acompañada do que era o seu noivo, un home co que saía os fines de semana e que é o máis parecido ao que hoxe en día chamaríamos noivo.

Ramón foi sen acompañante , viña de estar coa sua familia en Vilasantar e ía cara a sua casa nas Sindicales, aínda que Moncho saía cunha rapaza en Curtis.
Moncho decatouse de María, a cual a viu como unha rapaza guapa e gustoulle moito, de tal maneira que acercouse e sentouse a carón dela empezando a falar xuntos.Nese momento non estaba o mozo de Maria, xa que habiase levantado e cando volveu para xunto María, Moncho non tivo outra que levantarse e cederlle o sitio ao "maromo" desta, aínda que Ramón quedouse prendado dela.

Os próximos días Moncho máis Maruja encontráronso na rúa e comezaron a falar entre eles.
Houbo tanta atracción mutua que, Ramón deixou á súa moza para estar ao lado de María e María perdeu o contacto co seu mozo co cal estaba a piques de casar!
Xurdíu tanto amor entre estas dúas persoas, que decidiron casar aos 6 meses de conocerse no tren.

Na boda, María casou de luto, o que quere dicir  completamente de negro. No momento da boda acaba de falecer o pai de María: Anacleto. Por iso non quixeron celebrala boda.

Máis adiante  esta relación terá como fruto a miña nai Marisol, filla única, e pasado un tempo con Gonzalo(meu pai) polo medio sairei eu, Xano Rodríguez.

"Esta é a única foto tomada na boda de Moncho e Maruja, onde pódese apreciar o luto por Anacleto, o pai de Maruja":


-Á esquerda María García Catro
-Á dereita Ramón Sandá Mahía

No hay comentarios:

Publicar un comentario