miércoles, 26 de noviembre de 2014

A Facha


http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/FOTOS_FIESTAS/2788G3.jpg

Dende tempos remotos que nin os avós dos nosos avós recordarían, se segue a manter unha lenda chamada "A Facha", esta provén de Taboada (Lugo) e di así:

O orixe de esta lenda é impreciso pero se saben cousas moi interesantes tales como que  sempre se fixo na cima dun castro, o que amosa a antigüidade da lenda, isto poderia ser unha forma de comunicación entre os castros. O nome de facha, ven dunha serie de materiais ignífugos que tardan en apagarse unha vez lles prendes lume e que estan nuns paos. Esto fíxose durante moitísmos anos e por moi incrible que pareza, hoxe en dia aínda se segue facendo. Resulta misterioso a orixe da lenda, xa que non se sabe con claridade cal era a súa finalidade. Unha das teorías máis populares (a cal tamén estou de acordo) é que estas fogatas tiñan un significado máxico entre os habitantes dos castros.
Podería ser que fixeran rituais máxicos aferrandose a estas fachas, ou podería ser tamén que tivera un significado relixioso.. é unha pena que só sexan meras especulacións, estaría ben que alguén puidera explicar todas as incognitas do que nós fomos, algún dia fai tantos anos.


http://www.turgalicia.es/imaxes/mdaw/mdc4/~edisp/~extract/TURGA078541~1~staticrendition/tg_carrusel_cabecera_grande.jpg



Lagoa Imprecisa

A lenda da lagoa de Doniños estendeuse con grandes variantes dende fai moitos anos, pero hai unha que se supón é a derradeira. 

Esta conta que na vila de Doniños moitísimos anos atrás a xente que vivía alí eran paganos, agás unha parella que tiña a casa un pouquiño afastada. Dise que un viaxeiro iba de casa en casa pedindo refuxio, pero ninguén o quería manter... Ata que chegou a casa da parella, quenes si lle deron refuxio. Alí a parella deulle comida e un sitio onde durmir.
Á mañá seguinte o viaxeiro non se atopaba xa na casa. O home da parella foise ao seu traballo pola moñá coma lle era costume, pero algo raro pasou, xa que escoitoi á sua señora berrando o seu nome. O home ao chegares correndo ata a súa muller, deuse conta que ela non o había chamado...
Xusto nese intre, escoitouse un forte ruído; era unha morea de auga cunha forza increible que estaba a asolabar o pobo onde vivían.
A parella puido contemplar como o seu pobo quedaba inundado..

A orixe da lenda aínda é hoxe en día un misterio ( como moitas lendas), pero a súa orixe podería darse pola cristianización dalgún mito anterior.

http://static.panoramio.com/photos/original/9626853.jpg

Pequenas sinais de identidade

Moitas veces só vemos con vos ollos as "cousas de fora", pero en realidade non fai falta ir a América ou algún destino paradisíaco para poder disfrutar dun entorno verdadeiramente espectacular.

Así mesmo, Galicia ten moito que dicirnos neste aspecto, xa que para empezar no relativo ás praias é a comunidade con máis bandeiras azuis que posúe, un total de 124 bandeiras. As praias son unha  importante baza para Galicia entre outras milleiras de cousas. Existen praias en Galicia de esas augas cristalinas que tanto nos gustan, velaí temos as illas Cíes ou a illa de Ons rebosantes de entornos paradisíacos. A nosa comunidade ten lugares case únicos feitos pola propia natureza..
Un que me gustaría destacar pola súa incrible maxestuosidade é unha peculiar cascada situada no pé do monte Pindo. O interesante de esta cascada é que funciona de desembocadora ao mar do río Xallas, facendo de esta maneira unha maravilla natural única en Europa.
Esta é, a Cascada do Ézaro.
Ten uns 120 metros de altura apróximadamente, e é tal a forza con que a auga do río azota ás rochas que antigamente se dicía que a fumareda que desprendia de estas batidas era visible dende alta mar.
Cabe destacar que a verdadeira singularidade de esta cascada , xa que só hay 7 cascadas no mundo que desemboquen no mar!

http://alfanhui14.files.wordpress.com/2010/04/ezaro1.jpg
http://www.lavozdegalicia.es/especiales/paisajes/images/media/ezaro_escritorio.jpg
http://acabanadecarmen.com/blog/wp-content/uploads/cascada-ezaro.jpg


http://media.lavozdegalicia.es/default/2009/11/03/0012_2649921/Foto/c3c11f2.jpg




Vótalle unha ollada:
- http://www.turgalicia.es/docs/mdaw/mtiw/~edisp/turga120014.pdf?langId=es_ES

-http://viajes.101lugaresincreibles.com/2014/02/12-lugares-curiosos-de-galicia-que-tal-vez-desconocias-parte-1/

-http://www.verdenorte.com/que-ver-y-hacer-en-galicia

lunes, 24 de noviembre de 2014

Con "F" de Finisterre, Fecundidade e outras palabras...

Cando se escoita falar de que unha pedra é capaz de axudar a ter fillos a unha parella, non soa moi convincente ou realista verdade?

Así mesmo dito isto é hora de que vos fale do Altar Pétreo Ara Solis. Este atópase en  Finisterre, e dende tempos remotos asóciase coa fecundidade aínda que moitas figuras importantes afirman que levantouse coa finalidade de honrar á figura do Sol. Aqui no altar existe unha pedra que según lendas populares, as parellas que non poden ter fillos van alí e "reposan" na pedra unha noite, á maña seguinte grazas ás deidades a muller espertaba xa fecundada. Moitas persoas sentíronse atraídas tras escoitar isto no pasado, de ahí que fora escenario de procesións de parellas.  Algunhas persoas din que anos atrás unha figura importante da igrexa dicia que nesa pedra houbo o corpo dun Santo e que o roubaron máis adiante os franceses. A pedra onde reposan chámase Cama do Santo, e encontrase na ermita de San Guillerme. Se cre que  foron os Fenicios quenes construíron o altar. Como todas as lendas, a da Cama do Santo ten unha orixe,  e neste caso trátase da cristianización dun mito pagano como a meirande parte das lendas que podemos atopar ao noso arredor. Grazas a isto podemos entender mellor ás lendas e mitoloxía propias da terra que nos rodea, e que forman parte da nosa cultura.






Vídeos para votarlles unha ollada:


miércoles, 5 de noviembre de 2014

Un Asesino Implacable

Así é como moita xente chama ao Radón . Este gas é a maior fonte que existe de radioactividad natural, e fórmase tras a desintegración do Radio e o Uranio. Tras a súa forma de Rn222, o Radón provoca altas consecuencias na nosa saúde,  provocando cancros broncopulmonais. O Radón posúe o 50% de toda a radiación que un ser humano recibe en toda a súa vida (é un porcentaxe moi elevado). O Radón é incoloro, insípido, inodoro e invisible.
Este gas contaminante esta presente no aire que respiramos no noso día a día, non vaiades a pensar que non o tedes nas vosas casas ou en Galicia, porque a nosa comunidade é das que máis Radón posúe, xunto con Aturias e Extremadura entre outras.
Estudos demostraron que as persoas expostas ao Radón teñen o dobre de posibilidades de contraer cancro, ante as persoas que non o están. Tede en conta que esta nas nosas casas e que asi mesmo, estamos respirando este gas tan maligno diariamente. Tamén se eres cosumidor habitual do tabaco, e te atopas nesas comunidades máis afectadas  incrementas moito máis as posibilidades de contraer cancro de pulmón.
Moitas organizacións de salud pública advirten sobre estes riscos tan perxudicias do Radón, entre as máis importantes:

La Organización Mundial de la Salud de Naciones Unidas
- Instituto Nacional de Salud e Higiene en el Trabajo
- Asociación Nacional para la Investigación contra el Cáncer


 Ahí tedes o mapa de Porcentaxes de Radón na Península

Vídeos de interese
Gas Radón Breve explicación e aclarións
Reportaxe sobre o Radón ( España)