martes, 24 de febrero de 2015

Muxía é nosa, fora da nosa costa


Muxía a zona 0 do penoso "Prestige", alberga un antigo mosteiro de Moraime. Este mosteiro foi durante centos de anos un auténtico lugar de culto e riquezas ansiadas ata polos viquingos. Era tal a atracción dos estranxeiros cara os nosos obxectos de valor espiritual e monetario que tanto Muxía como a Costa da Morte foron territorios nos que tiveron lugar loitas entre os individuos autóctonos da nosa terra e as forzas de varias potencias extranxeiras. Aínda hoxe se contan  azañas de como foron expulsados os pobos agresores polos nosos rudos e dominantes antepasados . O mosteiro foi a primeria  gran fortaleza da comarca antes dos castelos e as vilas. Máis adiante superamos ataques incluso de forzas do nivel dos Sarracenos.
Outro exemplo claro da rebeldía dos galegos contra a opresión.

Castillo de Nogueirosa

Quén está doblando o lombo? TI OU EU?


Non fai tanto tempo toda a zona de Galicia estaba baixo un sistema de cultivos e pagamentos propios do medievo, estamos a falar do diezmo, dos arrendamentos, da inxustiza e da irracionalidade.
Era tal a situación que os labregos, de vidas humildes traballaban e labraban unha serie de terreos pra poder ter comida na casa e pra as suas familias aínda que non fose en exceso.
Isto debíase a que as terras non eran dos campesiños senon dos señores que as tiñan en propiedade e facían uns contratos cos campesiños de tal maneira que estes cultivaban a terra dos señores a cambio de quedarse cunha pequena parte desa colleita e o resto dávanllo ao señor. Este feito quedaba rexistrado nuns contratos chamados arrendamentos. Os arrendamentos non tiñan corto plazo de validez, senón que extendíase tendo en conta incluso varias xeneracións. 
O sistema do diezmo é claramente un abuso por parte dos señores da terra aos campesiños, xa que estes deixábanse a vida na agricultura a cambio dunha auténtica miseria. Hoxe en día podemos decatarnos de que era realmente unha inxustiza que abranguía dende un avó ata os seus netos por exemplo, pero naqueles tempos non tiñan os coñecementos que afortunadamente temos hoxe en día.
Grazas a algúns valentes emprendedores labregos que impuxeron o decidiron intentar poñer fin a esta inxusticia que se levaba a cabo dende tempos medievais.
Entre o século dezanove e o século vinte dánse os primeiros signos de levantamento contra estes contratos, e se busca a venta desas terras para que os campesiños puiderana comprar. Todo pintaba ben pero claro, ao poñerse en venta quen ia ter máis recursos para adquirilas? o pobres campesiños ou os  antigos señores das terras? Ademáis houbo nos primeiros casos de levantamentos unha serie de asasinatos de algúns labregos por "amotinarse" contra ese sistema arrendatario infernal traído das mans dalgún monarca absoluto grazas á "convincente teoría do orixen Divino do poder".Hoxe en día por incrible que pareza hai alguns sitios illados e moi puco numerosos nos que aínda se segue levando a cabo esta práctica, que a día de hoxe a vemos primitiva.
Grazas á loita deses labregos hoxe en día non padecemos ese tipo de situacións.
Desafortunadamente gran numero desas terras volvéron ás mans dos seus antigos donos malia outras que conseguiron estar en manos dos auténticos donos lexítimos, os labregos que poñían o lombo para cortar o millo, ou para traballar coa fouciña, o raño, o sacho e máis o machado.

Na miña opinión non hai exemplo máis claro dunha "Galicia Rebelde" xa que enfrentarse aos arrendamentos exigía un novo tipo de ideoloxías ata momento descoñecidas .



[01_segando.jpg]

Raimundo Ibañez

Antonio Raimundo Ibañez, máis coñecido como O Marqués de Sargadelos, era un home da antiga fidalguia en galicia e un paisano de Ribadeo que ten na sua historia un feito que cabería lembrar para os que o sabedes, e coñecer para os que nunca o escoitarades.
Raimundo Ibañez creou a 1ª Industria Siderurxica en Galica e en toda España no ano 1806, uns altos fornos destinados á cerámica. Trala inauguración da fábrica debido á súa importancia foi condecorado polo actual  Rei de España nese momento: Carlos IV.
Carlos IV otorgoulle o título de Maqués de Sargadelos e Conde de Orbaiceta.
Raimundo Ibañez foi tráxicamente asasinado polo propio pobo que o rodeaba, debido a unha serie de sucesos que influiron prexudicialmente na imaxe que tiñan as xentes do pobo de cara a fábrica de cerámica. É un verdadeiro acto de rebeldía por parte dos habitantes do pobo contra o Marqués de Sárgadelos aínda que non estivese plenamente xustificada.
Outra teoría afirma que o seu asasinato debeuse á feitos relacionados coa Guerra de Independencia que neses momentos se estaba a levar a cabo en toda España.


-video de interés: https://www.youtube.com/watch?v=mXQNa2FJ4rQ





Remando cara a cume



É difícil conseguir ter un sitio entre os deportistas máis destacados de España, así mesmo é ainda máis difícil telo entre os mellores de Europa. O caso de Teresa Portela Rivas é un exemplo de superioridade continua de un mesmo.

María Teresa Portela Rivas é unha piragüista profesional con numerosos méritos na súa carreira deportiva, o máis destacado é un total de 13 medallas no Campeonato Mundial de piragüismo.
Esta internacional naceu no Concello de Cangas do Morrazo  na provincia de Pontevedra no 1982.
Tómase moi enserio os seus entrenamentos e as suas metas, aínda que non fai falta decilo vendo o nivel no que se encontra.

Teresa foi recientemente elixida como deportista feminina galega do ano 2013 pola súa medalla de bronce no Campeonato de Europa e o seu cuarto posto no Campeonato de Mundo e nos Xogos Olímpicos!






Táboa das súas clasificacións:
Campeonato Mundial
AñoLugarMedallaCompetición
2001Poznań (Polonia)2K4 200 m
2001Poznań ( Polonia)3K4 500 m
2002Sevilla ( España)1K1 200 m
2002Sevilla ( España)2K4 200 m
2002Sevilla ( España)3K4 500 m
2003Gainesville (Estados Unidos)2K1 200 m
2003Gainesville ( Estados Unidos)2K2 200 m
2003Gainesville ( Estados Unidos)2K4 200 m
2003Gainesville ( Estados Unidos)3K4 500 m
2005Zagreb ( Croacia)1K1 200 m
2005Zagreb ( Croacia)2K2 200 m
2005Zagreb (Croacia)3K4 200 m
2009Dartmouth ( Canadá)3K4 500 m
Campeonato Europeo
AñoLugarMedallaCompetición
2001Milán ( Italia)2K4 200 m
2001Milán ( Italia)3K4 500 m
2002Szeged ( Hungría)1K1 200 m
2002Szeged ( Hungría)1K4 200 m
2002Szeged ( Hungría)2K4 500 m
2004Poznań ( Polonia)1K1 200 m
2004Poznań ( Polonia)1K2 200 m
2004Poznań ( Polonia)1K4 200 m
2004Poznań ( Polonia)3K2 500 m
2004Poznań ( Polonia)2K4 500 m
2006Račice ( República Checa)3K1 200 m
2008Milán ( Italia)1K4 500 m
2009Brandeburgo ( Alemania)2K1 200 m
2010Corvera ( España)3K1 200 m
2010Corvera ( España)3K4 500 m
2011Belgrado ( Serbia)2K1 200 m
2013Montemor-o-Velho ( Portugal)2K1 200 m