miércoles, 5 de noviembre de 2014

Un Asesino Implacable

Así é como moita xente chama ao Radón . Este gas é a maior fonte que existe de radioactividad natural, e fórmase tras a desintegración do Radio e o Uranio. Tras a súa forma de Rn222, o Radón provoca altas consecuencias na nosa saúde,  provocando cancros broncopulmonais. O Radón posúe o 50% de toda a radiación que un ser humano recibe en toda a súa vida (é un porcentaxe moi elevado). O Radón é incoloro, insípido, inodoro e invisible.
Este gas contaminante esta presente no aire que respiramos no noso día a día, non vaiades a pensar que non o tedes nas vosas casas ou en Galicia, porque a nosa comunidade é das que máis Radón posúe, xunto con Aturias e Extremadura entre outras.
Estudos demostraron que as persoas expostas ao Radón teñen o dobre de posibilidades de contraer cancro, ante as persoas que non o están. Tede en conta que esta nas nosas casas e que asi mesmo, estamos respirando este gas tan maligno diariamente. Tamén se eres cosumidor habitual do tabaco, e te atopas nesas comunidades máis afectadas  incrementas moito máis as posibilidades de contraer cancro de pulmón.
Moitas organizacións de salud pública advirten sobre estes riscos tan perxudicias do Radón, entre as máis importantes:

La Organización Mundial de la Salud de Naciones Unidas
- Instituto Nacional de Salud e Higiene en el Trabajo
- Asociación Nacional para la Investigación contra el Cáncer


 Ahí tedes o mapa de Porcentaxes de Radón na Península

Vídeos de interese
Gas Radón Breve explicación e aclarións
Reportaxe sobre o Radón ( España)

No hay comentarios:

Publicar un comentario