martes, 21 de octubre de 2014

A Central dos Fumes

Vouvos falar dun tema que xa estaredes fartos de escoitar e incluso de discutir, pero que me segue chamando a atención,  a tan falada central térmica de As Pontes. Esta central xa leva uns cantos anos en funcionamento, e polo tanto contaminando.

A pesar de que ó redor da central viven no recinto uns cantos animais como corzos, áves e demáis,  a central amosa unhas cifras de contaminación moi elevadas e parece que a ninguén lle importa. A central segue facendo a súa actividade diaria con total tranquilidad, os 356 días ao ano. Algúns estudios din que a central produce o mesmo que 2,4 millones de coche.  Pero todo o mundo está contento con Endesa, xa que axuda ao concello e contribuíu en gran medida ao novo polígono. A central só é unha parte do que Endesa ten nas súas mans: Dúas hidroeléctricas e un parque eólico ademáis da central de ciclo combinado. Asi mesmo As Pontes  é  o maior foco de contaminación de España, sisi é certo. Algúns médicos da zona fixeron as súas aportacións reclamando que todo o proceso que se leva a cabo é altamente contaminante, dende os barcos que entran na ría ata as chimeneas . Pero todo isto, segue levándose con calma , a pesar de que As Pontes  emite o 30% de todo o dióxido de azufre de todo o noso estado español. Penso que debiamos meditar ben sobre o que nos rodea xa que non está todo tan lonxe como pensamos.



 Aqui tedes un enlace de interese:  Unha central moi importante


E un vídeo que atopei 

No hay comentarios:

Publicar un comentario