lunes, 24 de noviembre de 2014

Con "F" de Finisterre, Fecundidade e outras palabras...

Cando se escoita falar de que unha pedra é capaz de axudar a ter fillos a unha parella, non soa moi convincente ou realista verdade?

Así mesmo dito isto é hora de que vos fale do Altar Pétreo Ara Solis. Este atópase en  Finisterre, e dende tempos remotos asóciase coa fecundidade aínda que moitas figuras importantes afirman que levantouse coa finalidade de honrar á figura do Sol. Aqui no altar existe unha pedra que según lendas populares, as parellas que non poden ter fillos van alí e "reposan" na pedra unha noite, á maña seguinte grazas ás deidades a muller espertaba xa fecundada. Moitas persoas sentíronse atraídas tras escoitar isto no pasado, de ahí que fora escenario de procesións de parellas.  Algunhas persoas din que anos atrás unha figura importante da igrexa dicia que nesa pedra houbo o corpo dun Santo e que o roubaron máis adiante os franceses. A pedra onde reposan chámase Cama do Santo, e encontrase na ermita de San Guillerme. Se cre que  foron os Fenicios quenes construíron o altar. Como todas as lendas, a da Cama do Santo ten unha orixe,  e neste caso trátase da cristianización dun mito pagano como a meirande parte das lendas que podemos atopar ao noso arredor. Grazas a isto podemos entender mellor ás lendas e mitoloxía propias da terra que nos rodea, e que forman parte da nosa cultura.






Vídeos para votarlles unha ollada:


No hay comentarios:

Publicar un comentario