miércoles, 26 de noviembre de 2014

Lagoa Imprecisa

A lenda da lagoa de Doniños estendeuse con grandes variantes dende fai moitos anos, pero hai unha que se supón é a derradeira. 

Esta conta que na vila de Doniños moitísimos anos atrás a xente que vivía alí eran paganos, agás unha parella que tiña a casa un pouquiño afastada. Dise que un viaxeiro iba de casa en casa pedindo refuxio, pero ninguén o quería manter... Ata que chegou a casa da parella, quenes si lle deron refuxio. Alí a parella deulle comida e un sitio onde durmir.
Á mañá seguinte o viaxeiro non se atopaba xa na casa. O home da parella foise ao seu traballo pola moñá coma lle era costume, pero algo raro pasou, xa que escoitoi á sua señora berrando o seu nome. O home ao chegares correndo ata a súa muller, deuse conta que ela non o había chamado...
Xusto nese intre, escoitouse un forte ruído; era unha morea de auga cunha forza increible que estaba a asolabar o pobo onde vivían.
A parella puido contemplar como o seu pobo quedaba inundado..

A orixe da lenda aínda é hoxe en día un misterio ( como moitas lendas), pero a súa orixe podería darse pola cristianización dalgún mito anterior.

http://static.panoramio.com/photos/original/9626853.jpg

No hay comentarios:

Publicar un comentario