domingo, 18 de enero de 2015

" O de Fene " chamábanlle.

Jesús Balado Paz naceu en Fene en 1947. E recibiu clases do coñecido pintor ferrolano Carlos Villaamil.
Jesús atopou algo de interese na pintura dende que era novo. Actualmente é un pintor que domina diferentes
e complexas formas da pintura ( óleo, ceras...). Conseguiu destacados premios no seu ámbito profesional.
 Realizou a súa primeira exposición con 17 anos, seguro de sí mesmo Jesús decidiu continuar coa pintura ata tal punto que chegou a dar exposicións en Francia, Venezuela e Italia entre os lugares máis destacados.
Jesús Balado Paz dedícase a expoñer e impartir clases de dibuxo actualmente. Destacan as súas pinturas de paisaxes, aínda que tamén os seus retratos son moi importantes, Jesús leva a cabo as súas pinturas o entorno rural, un dato importante a ter en conta.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario