domingo, 18 de enero de 2015

Dende Lugo con amor

Dende fai tempo non é raro escoitar o nome de Luis Tosar nas cadeas de televisión máis importantes ou mesmo nos estreos de carteleira. Pois ben Luis naceu en Lugo a comezos dos setenta e xa dende mozo interesouse polo cine, asi é que un dos primeiros papeis que lle levaria á gran pantalla fose "Mareas Vivas", programa emitido na televisión de galicia. Luis foi collendo pouco a pouco presenza entre grandes personaxes nacionais e sendo recoñecido entre as xentes.
Entre os títulos máis impotantes que recibiu destacan os Premios Goya ao mellor actor, mellor actor de reparto e unha Concha de Plata. Luis foi representante de España en algunhas ocasións de carácter internacional.
Fóra do ámbito cinematográfico Luis foi galardonado con títulos prestixiosos como o " Premio Xarmienta", pola súa defensa da Lingua Galega.
Tamén nótase un interese cara a política xa que defendeu ao BNG en algunhas ocasións formando parte do partido nas listas, tamén forma xunto con outras dúas persoas un grupo de Rock e un grupo de teatro-comedia.
 Luis Tosar é un gran actor, tanto a nivel nacional coma internacional. E demostrou ser unha persoa de recursos por chegar a un nivel de reconocimiento tan alto tanto á súa persoa como ó seu traballo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario