Non fai tanto tempo toda a zona de Galicia estaba baixo un sistema de cultivos e pagamentos propios do medievo, estamos a falar do diezmo, dos arrendamentos, da inxustiza e da irracionalidade.
Era tal a situación que os labregos, de vidas humildes traballaban e labraban unha serie de terreos pra poder ter comida na casa e pra as suas familias aínda que non fose en exceso.
Isto debíase a que as terras non eran dos campesiños senon dos señores que as tiñan en propiedade e facían uns contratos cos campesiños de tal maneira que estes cultivaban a terra dos señores a cambio de quedarse cunha pequena parte desa colleita e o resto dávanllo ao señor. Este feito quedaba rexistrado nuns contratos chamados arrendamentos. Os arrendamentos non tiñan corto plazo de validez, senón que extendíase tendo en conta incluso varias xeneracións.
O sistema do diezmo é claramente un abuso por parte dos señores da terra aos campesiños, xa que estes deixábanse a vida na agricultura a cambio dunha auténtica miseria. Hoxe en día podemos decatarnos de que era realmente unha inxustiza que abranguía dende un avó ata os seus netos por exemplo, pero naqueles tempos non tiñan os coñecementos que afortunadamente temos hoxe en día.
Grazas a algúns valentes emprendedores labregos que impuxeron o decidiron intentar poñer fin a esta inxusticia que se levaba a cabo dende tempos medievais.
Entre o século dezanove e o século vinte dánse os primeiros signos de levantamento contra estes contratos, e se busca a venta desas terras para que os campesiños puiderana comprar. Todo pintaba ben pero claro, ao poñerse en venta quen ia ter máis recursos para adquirilas? o pobres campesiños ou os antigos señores das terras? Ademáis houbo nos primeiros casos de levantamentos unha serie de asasinatos de algúns labregos por "amotinarse" contra ese sistema arrendatario infernal traído das mans dalgún monarca absoluto grazas á "convincente teoría do orixen Divino do poder".Hoxe en día por incrible que pareza hai alguns sitios illados e moi puco numerosos nos que aínda se segue levando a cabo esta práctica, que a día de hoxe a vemos primitiva.
Grazas á loita deses labregos hoxe en día non padecemos ese tipo de situacións.
Desafortunadamente gran numero desas terras volvéron ás mans dos seus antigos donos malia outras que conseguiron estar en manos dos auténticos donos lexítimos, os labregos que poñían o lombo para cortar o millo, ou para traballar coa fouciña, o raño, o sacho e máis o machado.
Na miña opinión non hai exemplo máis claro dunha "Galicia Rebelde" xa que enfrentarse aos arrendamentos exigía un novo tipo de ideoloxías ata momento descoñecidas .