O tren do amor é a miña denomizacion cariñosa para o tren no que coincidiron Ramón Sandá e María García (alias Moncho e Maruja respectivamente) fai uns 54 anos a día de hoxe.
Un día calquera como hoxe no 1961 tivo lugar un encontro por casualidade de Ramón e María.
Ramón viña cara ferrol nun tren dende Vilasantar, lugar de onde era propio e María dende Miño onde viña de visitar a súa nai máis o seu irmán e que ía cara Ferrol porque ela vivía aqui no barrio do Ensanche A cunha irmá e o cuñado.
María ía acompañada do que era o seu noivo, un home co que saía os fines de semana e que é o máis parecido ao que hoxe en día chamaríamos noivo.
Ramón foi sen acompañante , viña de estar coa sua familia en Vilasantar e ía cara a sua casa nas Sindicales, aínda que Moncho saía cunha rapaza en Curtis.
Moncho decatouse de María, a cual a viu como unha rapaza guapa e gustoulle moito, de tal maneira que acercouse e sentouse a carón dela empezando a falar xuntos.Nese momento non estaba o mozo de Maria, xa que habiase levantado e cando volveu para xunto María, Moncho non tivo outra que levantarse e cederlle o sitio ao "maromo" desta, aínda que Ramón quedouse prendado dela.
Os próximos días Moncho máis Maruja encontráronso na rúa e comezaron a falar entre eles.
Houbo tanta atracción mutua que, Ramón deixou á súa moza para estar ao lado de María e María perdeu o contacto co seu mozo co cal estaba a piques de casar!
Xurdíu tanto amor entre estas dúas persoas, que decidiron casar aos 6 meses de conocerse no tren.
Na boda, María casou de luto, o que quere dicir completamente de negro. No momento da boda acaba de falecer o pai de María: Anacleto. Por iso non quixeron celebrala boda.
Máis adiante esta relación terá como fruto a miña nai Marisol, filla única, e pasado un tempo con Gonzalo(meu pai) polo medio sairei eu, Xano Rodríguez.
"Esta é a única foto tomada na boda de Moncho e Maruja, onde pódese apreciar o luto por Anacleto, o pai de Maruja":
-Á esquerda María García Catro
-Á dereita Ramón Sandá Mahía
miércoles, 20 de mayo de 2015
martes, 24 de febrero de 2015
Muxía é nosa, fora da nosa costa
Muxía a zona 0 do penoso "Prestige", alberga un antigo mosteiro de Moraime. Este mosteiro foi durante centos de anos un auténtico lugar de culto e riquezas ansiadas ata polos viquingos. Era tal a atracción dos estranxeiros cara os nosos obxectos de valor espiritual e monetario que tanto Muxía como a Costa da Morte foron territorios nos que tiveron lugar loitas entre os individuos autóctonos da nosa terra e as forzas de varias potencias extranxeiras. Aínda hoxe se contan azañas de como foron expulsados os pobos agresores polos nosos rudos e dominantes antepasados . O mosteiro foi a primeria gran fortaleza da comarca antes dos castelos e as vilas. Máis adiante superamos ataques incluso de forzas do nivel dos Sarracenos.
Outro exemplo claro da rebeldía dos galegos contra a opresión.
Quén está doblando o lombo? TI OU EU?
Non fai tanto tempo toda a zona de Galicia estaba baixo un sistema de cultivos e pagamentos propios do medievo, estamos a falar do diezmo, dos arrendamentos, da inxustiza e da irracionalidade.
Era tal a situación que os labregos, de vidas humildes traballaban e labraban unha serie de terreos pra poder ter comida na casa e pra as suas familias aínda que non fose en exceso.
Isto debíase a que as terras non eran dos campesiños senon dos señores que as tiñan en propiedade e facían uns contratos cos campesiños de tal maneira que estes cultivaban a terra dos señores a cambio de quedarse cunha pequena parte desa colleita e o resto dávanllo ao señor. Este feito quedaba rexistrado nuns contratos chamados arrendamentos. Os arrendamentos non tiñan corto plazo de validez, senón que extendíase tendo en conta incluso varias xeneracións.
O sistema do diezmo é claramente un abuso por parte dos señores da terra aos campesiños, xa que estes deixábanse a vida na agricultura a cambio dunha auténtica miseria. Hoxe en día podemos decatarnos de que era realmente unha inxustiza que abranguía dende un avó ata os seus netos por exemplo, pero naqueles tempos non tiñan os coñecementos que afortunadamente temos hoxe en día.
Grazas a algúns valentes emprendedores labregos que impuxeron o decidiron intentar poñer fin a esta inxusticia que se levaba a cabo dende tempos medievais.
Entre o século dezanove e o século vinte dánse os primeiros signos de levantamento contra estes contratos, e se busca a venta desas terras para que os campesiños puiderana comprar. Todo pintaba ben pero claro, ao poñerse en venta quen ia ter máis recursos para adquirilas? o pobres campesiños ou os antigos señores das terras? Ademáis houbo nos primeiros casos de levantamentos unha serie de asasinatos de algúns labregos por "amotinarse" contra ese sistema arrendatario infernal traído das mans dalgún monarca absoluto grazas á "convincente teoría do orixen Divino do poder".Hoxe en día por incrible que pareza hai alguns sitios illados e moi puco numerosos nos que aínda se segue levando a cabo esta práctica, que a día de hoxe a vemos primitiva.
Grazas á loita deses labregos hoxe en día non padecemos ese tipo de situacións.
Grazas á loita deses labregos hoxe en día non padecemos ese tipo de situacións.
Desafortunadamente gran numero desas terras volvéron ás mans dos seus antigos donos malia outras que conseguiron estar en manos dos auténticos donos lexítimos, os labregos que poñían o lombo para cortar o millo, ou para traballar coa fouciña, o raño, o sacho e máis o machado.
Na miña opinión non hai exemplo máis claro dunha "Galicia Rebelde" xa que enfrentarse aos arrendamentos exigía un novo tipo de ideoloxías ata momento descoñecidas .
Na miña opinión non hai exemplo máis claro dunha "Galicia Rebelde" xa que enfrentarse aos arrendamentos exigía un novo tipo de ideoloxías ata momento descoñecidas .

![[01_segando.jpg]](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjeiVDy3OgE05wtqBZ8P8Y3kRXjgE0AcI-jckjwdRP7EGFZlu-YpTma2NxjTaN3el8GyDk_CcejQhiqeijxmNl4ROp3tLzWZdu6UvMgyt1c-87_ZPlKr2RP-gI1IDlJGnCGbkDkzHxw33Rz/s640/01_segando.jpg)
Raimundo Ibañez
Antonio Raimundo Ibañez, máis coñecido como O Marqués de Sargadelos, era un home da antiga fidalguia en galicia e un paisano de Ribadeo que ten na sua historia un feito que cabería lembrar para os que o sabedes, e coñecer para os que nunca o escoitarades.

Raimundo Ibañez creou a 1ª Industria Siderurxica en Galica e en toda España no ano 1806, uns altos fornos destinados á cerámica. Trala inauguración da fábrica debido á súa importancia foi condecorado polo actual Rei de España nese momento: Carlos IV.
Carlos IV otorgoulle o título de Maqués de Sargadelos e Conde de Orbaiceta.
Raimundo Ibañez foi tráxicamente asasinado polo propio pobo que o rodeaba, debido a unha serie de sucesos que influiron prexudicialmente na imaxe que tiñan as xentes do pobo de cara a fábrica de cerámica. É un verdadeiro acto de rebeldía por parte dos habitantes do pobo contra o Marqués de Sárgadelos aínda que non estivese plenamente xustificada.
Outra teoría afirma que o seu asasinato debeuse á feitos relacionados coa Guerra de Independencia que neses momentos se estaba a levar a cabo en toda España.
-video de interés: https://www.youtube.com/watch?v=mXQNa2FJ4rQ
-video de interés: https://www.youtube.com/watch?v=mXQNa2FJ4rQ
Remando cara a cume
É difícil conseguir ter un sitio entre os deportistas máis destacados de España, así mesmo é ainda máis difícil telo entre os mellores de Europa. O caso de Teresa Portela Rivas é un exemplo de superioridade continua de un mesmo.
María Teresa Portela Rivas é unha piragüista profesional con numerosos méritos na súa carreira deportiva, o máis destacado é un total de 13 medallas no Campeonato Mundial de piragüismo.
Esta internacional naceu no Concello de Cangas do Morrazo na provincia de Pontevedra no 1982.
Tómase moi enserio os seus entrenamentos e as suas metas, aínda que non fai falta decilo vendo o nivel no que se encontra.
Teresa foi recientemente elixida como deportista feminina galega do ano 2013 pola súa medalla de bronce no Campeonato de Europa e o seu cuarto posto no Campeonato de Mundo e nos Xogos Olímpicos!
Táboa das súas clasificacións:

domingo, 18 de enero de 2015
Un novo punto de vista
O galego César Canedo creou recentemente unha rede social para pymes (Pequenas e Medianas Empresas) e autónomos chamada Vigiliam.
Hoxe en día non fai falta dicir a importancia das redes sociales na nosa vida diaria, pero hai xente como César que non só ve unha fonte de entretenimiento nestas redes, senon que tamén ve un negocio.
Canedo explica que se invertiron máis de 200 000€ neste proxecto e xa son 8000 persoas as que o utilizan e se prevee chegar aos 30 000.
A base de Vigiliam é poñer en contacto compradores e vendedores por medio dunha forma totalmente gratuita e eficaz afirma César e os demáis integrantes do proxecto. A longo prazo preveese que Vigiliam expanda ata outros continentes con esperados beneficios.
PÁXINA WEB: www.vigiliam.com
" O de Fene " chamábanlle.
Jesús Balado Paz naceu en Fene en 1947. E recibiu clases do coñecido pintor ferrolano Carlos Villaamil.
Jesús atopou algo de interese na pintura dende que era novo. Actualmente é un pintor que domina diferentes
e complexas formas da pintura ( óleo, ceras...). Conseguiu destacados premios no seu ámbito profesional.
Realizou a súa primeira exposición con 17 anos, seguro de sí mesmo Jesús decidiu continuar coa pintura ata tal punto que chegou a dar exposicións en Francia, Venezuela e Italia entre os lugares máis destacados.
Jesús Balado Paz dedícase a expoñer e impartir clases de dibuxo actualmente. Destacan as súas pinturas de paisaxes, aínda que tamén os seus retratos son moi importantes, Jesús leva a cabo as súas pinturas o entorno rural, un dato importante a ter en conta.

Jesús atopou algo de interese na pintura dende que era novo. Actualmente é un pintor que domina diferentes
e complexas formas da pintura ( óleo, ceras...). Conseguiu destacados premios no seu ámbito profesional.
Realizou a súa primeira exposición con 17 anos, seguro de sí mesmo Jesús decidiu continuar coa pintura ata tal punto que chegou a dar exposicións en Francia, Venezuela e Italia entre os lugares máis destacados.
Jesús Balado Paz dedícase a expoñer e impartir clases de dibuxo actualmente. Destacan as súas pinturas de paisaxes, aínda que tamén os seus retratos son moi importantes, Jesús leva a cabo as súas pinturas o entorno rural, un dato importante a ter en conta.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
