No futuro próximo cara o ano 2025, podería suceder que os concellos aprobaran leis conforme se prohibe o uso de coches particulares no casco urbán para así reducir considerablemente as emisións contaminantes dos coches (CO2) cara a atmosfera e capa de ozono.
Estando en regra esta lei, a meirande parte da xente que non quera ir no tan aforado trasporte público optara pola fiel bicicleta.
A bicicleta terá de novo un gran éxito como medio de transporte, sobre todo entre os xóvenes e a xente de mediana idade. Tal éxito é ben merecido, xa que é un medio de transporte totalmente limpo e non contaminante, rápido e áxil para as zonas urbáns e aínda por riba é saudable para a nosa saúde xa que se exercitan articulacións e faise deporte, cousa que se se andivese en bici a diario por moi pouca distancia que se percorrese estariase a axuda-lo corpo e contribuindo ao perfeco estado de bienestar cara a nosa persoa.
Desta maneira se estaria axudando ao medio ambiente , se axudaría a non esgotar tan cedo as reservas de gasolina e derivados do noso planeta e fomentaríase o transporte púlico.








![[01_segando.jpg]](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjeiVDy3OgE05wtqBZ8P8Y3kRXjgE0AcI-jckjwdRP7EGFZlu-YpTma2NxjTaN3el8GyDk_CcejQhiqeijxmNl4ROp3tLzWZdu6UvMgyt1c-87_ZPlKr2RP-gI1IDlJGnCGbkDkzHxw33Rz/s640/01_segando.jpg)
